Os nosos servizos
No noso centro, enfocámonos en mellorar a calidade de vida dos nosos pacientes.
Identificamos os seus problemas e ofrecemos a mellor solución adaptada a cada caso.
Ofrecemos tratamentos personalizados centrados na terapia manual.
A nosa máxima é coidar de ti
As nosas instalacións:
Dúas cabinas onde realizar os nosos tratamentos
Unha sala de actividades para grupos de clientes
Desfruta do teu benestar
Fisioterapia traumatolóxica
O noso foco está en aliviar a dor e a adquisición por parte do paciente de ferramentas baseadas no exercicio terapéutico.
Fisioterapia deportiva
Somos especialistas en prevención e tratamento de lesións, así como molestias derivadas da práctica deportiva. Traballamos para lograr unha rápida recuperación.
Fisioterapia xeriátrica
Ofrecemos diversos programas de tratamento para os maiores. Centrámonos no mantemento e mellora das súas condicións físicas e psicolóxicas.
Ximnasia Hipopresiva Abdominal
Realizamos clases de Gimnasia Hipopresiva Abdominal nas que incidimos na corrección postural e na adquisición das habilidades necesarias para o correcto desenvolvemento da técnica.
E moitos máis servizos
Somos expertos en procesos reumatolóxicos e na aplicación de diferentes técnicas en cadros de afeccións respiratorias, patoloxías pediátricas e neurolóxicas.